Cara á inclusión e a cohesión social por medio do traballo autónomo
A Estratexia Nacional de Impulso do Traballo Autónomo 2022-2027 (ENDITA) é unha iniciativa do Ministerio de Traballo e Economía Social que se configura como unha folla de ruta que impulsa e promociona o traballo por conta propia, o cal actualmente conta en España con máis de 3 millóns de autónomas e autónomos, e configúrase como un dos motores económicos do país.
Así pois, o traballo autónomo constitúe unha peza esencial na economía española, razón pola cal, a estratexia, forxada tamén no marco do diálogo coas asociacións profesionais de traballo autónomo, contempla unha serie de actuacións que perseguen responder de maneira efectiva ás necesidades das persoas que desenvolven o traballo autónomo e reforza un modelo de emprego, que contribúe á igualdade e a inclusión social e que ademais xera emprego.
Para iso, ENDITA alíñase ademais coa Axenda 2030 e os Obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS), en particular co ODS 8 “Promover o crecemento económico sostido, inclusivo e sustentable, o emprego pleno e produtivo e o traballo decente para todos”.
Con esta estratexia adóptase unha mirada integral co obxectivo de dar resposta ás necesidades dos autónomos e autónomas durante todo o ciclo vital da actividade, desde a creación do ecosistema emprendedor; pasando polo inicio da actividade por conta propia, o desenvolvemento da actividade e as medidas de acompañamento, así como as medidas de mellora no desenvolvemento evolutivo da actividade emprendedora.
ENDITA componse de 3 prioridades transversais e 6 eixos estratéxicos que vertebran unha folla de ruta para o impulso do traballo autónomo e que marcan o camiño cara á recuperación: dixitalización, cohesión social e territorial, inclusión, sustentabilidade e igualdade efectiva entre mulleres e homes, que se desenvolven a través liñas de actuación nas que se despregan unha amplo