Ir ao contido

Redes de apoio


Fundación INCYDE

A Fundación INCYDE (Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa) é unha institución creada en 1999 a iniciativa das Cámaras de Comercio, dedicada ao fomento e á formación do espírito empresarial, á mellora da cualificación dos empresarios e á creación e consolidación de empresas, facilitándolles un espazo onde poden desenvolver as súas ideas de negocio.

Para iso, crea a Rede de Viveiros que pon ao servizo das novas persoas emprendedoras, e facilítalles asesoramento durante os primeiros anos de emprendiduría ata a súa consolidación.

Poderán instalarse, durante un tempo determinado, nun dos viveiros empresariais da Rede da Fundación INCYDE, os cales están repartidos por todo o territorio nacional. Nestas infraestruturas, nas que unicamente se paga en concepto de “cesión de espazo”, permítese iniciar a actividade nunhas condicións máis favorables, e consolidala, a través dos labores de incubación que se prestan no centro.

Para máis información, fai clic aquí.