Como traballador ou traballadora por conta propia tes que cotizar á Seguridade Social mediante o pago dunha cota e presentar unha serie de Impostos a Facenda.
Cotas e impostos
Ademais, de darche de alta na Seguridade Social e pagar a túa cota mensual permitirache acceder ás prestacións que cobre o sistema.
A seguir, ímosche a dar máis información sobre a nova cotización por ingresos reais, o IVE e o IRPF.
A partir do 1 de xaneiro de 2023, hai un novo sistema de cotización para as persoas traballadoras por conta propia e mellórase a protección por cesamento de actividade.
A seguir, indicámosche os aspectos principais deste novo sistema de cotización:
- Comunicación de actividades
- Cotización baseada nos rendementos obtidos
- Posibilidade de cambiar a base de cotización se varían os rendementos
- Regularización da cotización pola Seguridade Social
- Tarifa plana para novos autónomos
- Novidades nos beneficios aplicables á cotización para autónomos en 2023
Para más información, pulsa aquí.
O Imposto sobre o Valor Agregado (IVE) é un imposto indirecto que recae sobre o consumo. Preséntase trimestralmente en Facenda co modelo 303 e anualmente co modelo 390. Existen actividades que dan dereito á dedución de IVE, fai clic aquí para máis información.
O Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) é un imposto directo que grava a renda das persoas físicas: preséntase trimestralmente a Facenda, dependendo do réxime que elixises preséntase un modelo ou outro. Existen deducións de IRPF, coñéceas aquí.