Ir ao contido

Orientación e Acompañamento


Contidos relacionados

Punto de atencion ao Emprendedor (PAE)

Se necesitas orientación e acompañamento relacionado coa túa actividade como traballador autónomo, podes consultar o Punto de Atención ao Emprendedor (PAE). Ademais, tes un buscador por comunidade autónoma, no que se ofrece un servizo gratuíto de información e asesoramento.

O PAE ofrecen unha ampla gama de servizos:

Icona - Material Symbols - Role play button
Información sobre as características, marco legal, aspectos mercantís máis importantes, vantaxes fiscais, aspectos contables, sistemas de tramitación, normativa aplicable de:
  • Sociedades de responsabilidade limitada (SRL),
  • Sociedades civís,
  • Comunidades de bens,
  • Empresarios individuais (Autónomos) e
  • Emprendedores de Responsabilidade Limitada

ademais, ofrécese información doutras formas xurídicas vixentes no ordenamento xurídico mercantil.

Icona - Material Symbols - Role play button
Constitución de empresas mediante o sistema de tramitación telemática desenvolvido pola Dirección Xeral de Industria e da PEME, utilizando o Documento único electrónico (DUE). Este servizo deberá prestarse con carácter obrigatorio e gratuíto.
Icona - Material Symbols - Role play button
Información sobre as axudas e incentivos para a creación de empresas aplicables ao proxecto.
Icona - Material Symbols - Role play button
Información sobre o réxime de Seguridade Social aplicable, criterios de adscrición, afiliación, cotización, etc.
Icona - Material Symbols - Role play button
Información xeral sobre temas de interese para as empresas, talles como: Financiamento, fiscalidade, contratación laboral, internacionalización, investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación, cooperación empresarial, etc.