Ir ao contido
Icona - Financiamento

Financiamento

O traballo autónomo en España constitúe unha realidade consolidada e heteroxénea que crea riqueza e emprego, contribuíndo así ao desenvolvemento e benestar do país.


Por iso, desde o Ministerio de Traballo e Economía Social, impúlsanse e promocionan todas aquelas medidas que favorezan o inicio, desenvolvemento e mellora da actividade por conta propia.

O apoio institucional é fundamental en moitos ámbitos, un deles o acceso ao financiamento.

Estás a buscar financiamento para empezar ou impulsar o teu negocio?

Tes varias opcións de financiamento da túa actividade, aquí facilitámosche información sobre algunha delas.

  • A nivel nacional, podes consultar a web do Instituto de Crédito Oficial (ICO), adscrito ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, que ofrece diferentes liñas de financiamento para proxectos de investimento, actividades empresariais e/ou necesidades de liquidez ou gastos.

Para máis información clica en ICO Empresas e Emprendedores.

  • Tamén ofrecémosche máis información sobre financiamento a través de diferentes páxinas de administracións e entidades públicas autonómicas.

Para máis información clica na túa comunidade autónoma.