A marca é un signo distintivo que serve para distinguir produtos ou servizos no mercado e o nome comercial serve para identificar as actividades que desenvolve unha empresa no tráfico mercantil e diferenciala do resto de empresas do mesmo ou diferente sector. É dicir, o nome comercial identifica a unha empresa e a marca identifica o produto ou servizo.
A marca pódese rexistrar a nivel nacional, comunitario (Unión Europea) e internacional. En cambio, o nome comercial só pode protexerse país por país e de acordo con as normas nacionais de cada Estado.
Antes de elixir o nome do teu negocio, recomendámosche que comprobes se ese nome está dispoñible. Unha vez verificases que está dispoñible, accede ás diferentes webs para ver o proceso de solicitude, con todos os pasos a seguir.
- A nivel nacional accedendo á Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM)
- A nivel comunitario accediendo a la Oficina de Propiedad Intelectual de la UE (EUIPO)