A Cámara de Comercio de España é unha corporación de dereito público cuxa finalidade é a representación, promoción e defensa dos intereses xerais das empresas españolas. Ademais, representa e coordina ás Cámaras de Comercio territoriais.
Ten cámaras de comercio repartidas por toda a península, onde ofrecen servizos para que sexas máis competitivo, axudas económicas para pór en marcha os teus proxectos e facilítanche os trámites e as certificacións que necesitas.