Desde o Ministerio de Traballo e Economía Social a través da Dirección Xeral do Traballo Autónomo publícase anualmente unha convocatoria para a concesión de subvencións ás actividades de promoción do traballo autónomo e para sufragar os gastos de funcionamento das asociacións de traballadores autónomos de ámbito estatal.
Esta Dirección xeral a través desta convocatoria anual, contribúe á difusión, promoción, formación, análise e investigación do Traballo Autónomo. O abanico de posibles entidades beneficiarias desta convocatoria inclúe ás fundacións, universidades e ás asociacións profesionais de traballadores autónomos de ámbito estatal de carácter intersectorial.
Poderán ser beneficiarios das subvencións as seguintes entidades, sempre que cumpran os requisitos previstos nos artigos 2, 3 e 4 da Orde TES/802/2025, do 17 de xullo.